Notas de prensa

ICE-8 reúne en Santiago o coñecemento académico e industrial no eido da información cuántica

A oitava edición da conferencia Quantum Information in Spain (ICE-8) serve como punto de encontro para a comunidade científica en información cuántica en España, e incorpora tamén a convidados internacionais desta disciplina. O foro que botou a andar este luns 29 na Facultade de Matemáticas e que se estenderá ata o día 1 de xuño, pon un especial acento en outorgar visibilidade ao traballo dos investigadores e investigadoras máis novas.

Durante os catro días da conferencia abordaranse as principais liñas de investigación no campo da ciencia e a tecnoloxía da información cuántica, como a computación cuántica, comunicacións cuánticas, metroloxía e detección cuánticas e outras tecnoloxías instrumentais. Neste sentido, un dos obxectivos de ICE-8, que contará coa asistencia de máis de 150 persoas, é reunir o coñecemento do mundo académico e o da industria.

Entre os relatores e relatoras convidados destacan Cécile Yu (QuTech/TU Delft), Daniel Barredo (CSIC), Daniele Ottaviani (CINECA-Boloña), Dennis Schlippert (Universidade Leibniz de Hannover), Joaquín Fernández Rossier (INL-Braga), Sofía Vallecorsa (CERN), Valerio Pruneri (ICFO-Barcelona) e Vedran Dunjko (Universidade de Leiden). Haberá, en total, máis de 50 presentacións durante as xornadas.

O encontro está organizado pola USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da institución compostelá e da xunta de Galicia; polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); e Quantum Spain, proxecto impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA). Quantum Spain está composto pola Rede Española de Supercomputación e as institucións científicas máis punteiras do sector.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (torrente-ballester.jpg) A homenaxe que se lle renderá ao que foi Premio da Crítica (1972 e 1977), Premio Nacional de Narrativa (1981), Premio Príncipe de Asturias (1982), Premio Cervantes (1985) e Premio Planeta (1988), abrangue actividades de diversa índole. Deste xeito, no marco do programa xa se celebrou unha conferencia a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e estreouse unha composición musical de Miguel Brotóns sobre o homenaxeado. Ademais, contémplase unha publicación da biografía do autor e as representacións no Teatro Jofre das obras Las hermanas Recalde e Una gloria nacional.
Foto de la tercera plana (cdc-veran-2024.jpg) A Cidade da Cultura volve este mes de xullo co seu Verán en Familia, que nace coa intención de que nenos, nenas e adultos poidan gozar de espectáculos culturais ao aire libre nas tardes estivais. A programación, composta por un total de catro propostas artísticas, desenvolverase os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo ás 19,00 horas no Xardín do Teatro. A entrada é libre e de balde ata completar capacidade. O Verán en Familia oferta este ano catro espectáculos artísticos que combinan as artes escénicas, a música en directo, o circo ou o clown. Compañías procedentes de distintos puntos da península desprázanse ao Gaiás para que persoas de todas as idades gocen das súas funcións.

Notas

Moaña acollerá os días 19 e 20 de xullo a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello moañés, que nace coa vocación de converterse nunha cita anual que cada verán congregue investigadores, estudantes e cidadanía interesados nestas temáticas.
Este proxecto foi creado por José Edelstein, físico teórico e profesor e investigador da USC, xunto coas músicas arxentinas Daniela De Rito e Lorena Edelstein, para achegar ao público un conxunto de narracións sobre o cosmos, entretexidas con cancións que o celebran, demostrando os elementos comúns que existen entre a arte e a ciencia: creatividade, imaxinación, técnica, método, inspiración, estética, unha noción de beleza e un criterio de verdade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES