
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Salón Teatro de Santiago inaugura o venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas, Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así un novo ciclo de programación cuadrimestral, que será presentado publicamente o xoves día 9.
A formación compostelá Obras Públicas propón con este espectáculo un novo xénero de teatro, o paripé, onde a parodia e o humor deben ser rescatados dos bares e levados de volta aos teatros. César Goldi, Mos e Iolanda Muíños compoñen o trío interpretativo desta montaxe dirixida polo gañador de dous premios Max José Prieto na que –segundo a propia compañía– mesturan en proporcións similares música (33%), teatro (33%) e cachondeo (33%), o que dá un total final de cen por cen de “paripé”.
Life is a paripé está estruturada en once “sketches” que convidan a reflexionar sobre o que somos e o que aparentamos ser: Desfile de moda sexual, Reencontro de amantes, A castración de Manolo, O verdadeiro “Jamlet”, Campións de zapping, Balada punkie para Cecilia, Drama do Actors Studio, A poetisa Sinforosa Prados, Zarzuela de gilipollas, Netos de Peter, Paul and Mary e Os nenos do Muro de Pink Floyd.
As entradas para as dúas representacións de Life is a paripé poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da actuación. Ademais, poden adquirirse por adiantado na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono a través do teléfono 902 43 44 43 begin_of_the_skype_highlighting 902 43 44 43 end_of_the_skype_highlighting. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.